Quen é quen? a xogar!

Animais, persoas, obxectos…. teredes que fixarvos moi ben nas pistas que vos irá dando o xogo para descubrir cal é o correcto.

Con este xogo interactivo traballaremos a comprensión lectora e tamén a nosa atención á hora de seleccionar as opcións correctas entre as imaxes que nos aparecen.

A medida que avancedes e ao resolver cada pista, podedes ir facendo as tarefas que vos mandan: describir unha foto, facer unha frase, etc…

Podedes tamén dicir en alto todos os nomes das imaxes que aparecen, buscar só os que teñen por exemplo a letra R ou a que se vos ocorra.

A divertirse!!! Probádeo cantas veces queirades. Enviádenos que vos parece ao noso correo orientaseoane@gmail.com.

(se lle dades aos puntiños de abaixo á dereita, abrirase en pantalla completa, moito mellor!)

Saúdos, Eva.

Deja un comentario