Rimando as rimas

Hoxe imos traballar coas rimas. Sabedes o que son? A ver se se vos ocorre algún exemplo… Aí vos deixamos un: «Maña, a araña, vive alí arriba na súa telaraña».

As rimas consisten na repetición dunha serie de sons, case sempre ao final das palabras. Este exemplo é só un deles pero hai infinitas formas de construír e traballar as rimas. Grazas a elas traballamos a conciencia fonolóxica, a atención e memoria e dámonos conta da cantidade de cousas chulas que podemos facer coa nosa linguaxe.

Así que propoñémosvos as seguintes tarefas:

  1. XOGO 1. Neste arquivo que vos presento a continuación deberedes unir as palabras que riman entre elas. Podedes facelo dende a propia pantalla do voso ordenador ou dispositivo, ou ben imprimilo, se queredes. Ademais, recoméndovos que escribades nun papel as parellas de palabras que ides unindo.

2. XOGO 2. Neste arquivo que aparece a continuación atópanse unhas cantas rimas, as cales podedes ler despaciño, ou se queredes probar a facelo moi rápido. Son moi divertidas!

3. XOGO 3. Por último, déixovos por aquí dous vídeos con xogos para traballar as rimas, nos que debedes prestar moita atención para saber cal debuxo hai que eliminar.

(vídeos de Eugenia Romero)

Moitos saúdos! Eva.

Deja un comentario