Rimas e frases ocultas, para EP.

Boas!! Hoxe imos practicar un pouquiño as rimas, fixándonos ben que palabras rematan co mesmo son, e ademais traballaremos cunhas palabras un pouco mesturadas que precisarán da nosa axuda para colocalas axeitadamente en frases. Preparadxs?

As rimas ocorren cando dúas ou máis palabras rematan cun sonido igual ou semellante entre elas, por exemplo: camión….. rima con… león.. non si?

Imos ver canto sabemos, aquí vos deixo a tarefa, tanto para poder descargala como para practicala de maneira interactiva. Teredes que escoller a opción que rima co nome da imaxe. Estaría xenial que con cada nome pensarades vós unha ou dúas máis que rimasen con ela.

Aquí abaixo está o enlace para acceder á tarefa de maneira interactiva.

https://es.liveworksheets.com/bf666074io

Na segunda tarefa de hoxe, teremos que separar as palabras e escribilas con espazos para poder ler as frases axeitadamente. Prestade moita atención e a practicar o galego. Aquí vos deixo para descargar e/ou facelo no liveworksheets.

https://es.liveworksheets.com/qi666497gz

Calquera cousiña ou se queredes enviarnos as vosas tarefas feitas, facédeo ao correo orientaseoane@gmail.com.

Saúdos.

Deja un comentario