Charla-Coloquio de Educación Sexual Integral

A educación sexual integral abordada dende a infancia e adaptada segundo a idade e a madureza da rapazada, non só trata dos aspectos do corpo senón tamén, dos da mente e das relacións. Dende unha perspectiva aberta e natural, ensina valores como o respecto, a responsabilidade e a importancia de compartir. Anima a ter un estilo de vida sa e verdadeiro, que é a base dunha autoestima forte para crecermos felices e seguros. Axuda a coñecernos mellor, prevén a violencia e fomenta a igualdade, a tolerancia e a convivencia en harmonía.

Resulta imprescindible que escola e familia estean atentas a isto e ofrezan a nenos e nenas as ferramentas axeitadas . Conxuntamente, podemos responder ás preguntas de qué é, por qué é importante e cómo facelo, creando un espazo de charla e aprendizaxe cheo de boa disposición e sintonía.
É por isto, que vos convocamos a esta xuntanza. Da man de Carol Strate dun xeito lúdico, ameno e coloquial abordaremos este tema e intentaremos obter respostas e pautas de actuación para encaralo mais e millor.


¿Interésache este tema? ¿Queres participar? Por favor, cubre este formulario (antes do luns 6 de maio as 12:00h).

Deja un comentario