Benvidas e benvidos ao cole!!!

Queridas familias: No CEIP Luis Seoane queremos desde xa, dar a benvida a esa nova promoción de nenos e nenas que, no mes de setembro, entrarán pola nosa porta cargados de curiosidade, ilusión, alegría, motivación e, de seguro, algún tamén de enfado e «mala cara». Aquí estaremos cos «brazos abertos» e o noso «millor sorriso» para acollelos , agarimalos e contrubuir así a que esta nova etapa que comezan sexa a mais feliz e importante das suas vidas.

Nada millor que este poema de Xosé Neira Vilas para recibir aos novos » Infantís «


CANTAROLA DOS NENOS

Amiguiños todos
amiguiños xa,
os nenos de aquí,
os nenos de alá

Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos da man.

Cantarola nosa
de amor e de paz.
Leda cantarola,
ledo rebuldar.

Rolda de sorrisos
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amigar.

Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.


Deja un comentario