Benvidas e benvidos ao cole!!!

Queridas familias: No CEIP Luis Seoane queremos desde xa, dar a benvida a esa nova promoción de nenos e nenas que, no mes de setembro, entrarán pola nosa porta cargados de curiosidade, ilusión, alegría, motivación e, de seguro, algún tamén de enfado e "mala cara". Aquí estaremos cos "brazos abertos" e o noso "millor sorriso" … Continúa leyendo Benvidas e benvidos ao cole!!!

Boa Andaina!!! Buen Viaje!!!

Outra promoción de "infantís" que pasan ao cole de maiores, canto fixemos... compartimos momentos incribles, risas, aprendizaxes e moitas aventuras xuntos. Non esquezades todo o que aprendestes e seguide sendo curiosos e valentes.Agora é tempo de desfrutar das vacacións, xogar, descansar e pasar tempo coa familia e, á volta, aquí estaremos!!! Esperámosvos cunha aperta enorme... … Continúa leyendo Boa Andaina!!! Buen Viaje!!!

Adios Primaria!!! Ola Secundaria!!!

O luns día 3 tivemos ocasión de realizar unha agradable posta en común nas tres titorìas de sexto sobre o cambio de etapa que o alumnado está a piques de realizar : falamos da ESO, do IES, da Adolescencia, das amizades ... Compartimos medos, inquedanzas, ilusions, dúbidas... : novas amizades, novo profesorado, outros espazos, novos … Continúa leyendo Adios Primaria!!! Ola Secundaria!!!

Charla-Coloquio de Educación Sexual Integral

A educación sexual integral abordada dende a infancia e adaptada segundo a idade e a madureza da rapazada, non só trata dos aspectos do corpo senón tamén, dos da mente e das relacións. Dende unha perspectiva aberta e natural, ensina valores como o respecto, a responsabilidade e a importancia de compartir. Anima a ter un … Continúa leyendo Charla-Coloquio de Educación Sexual Integral

Axudas para alumnos con NEAE para o curso 2024-2025

BOE -  Extracto da Resolución do 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025. O prazo de presentación de solicitudes: dende o 30 de abril ao 13 de setembro de 2024. Poderán solicitar as axudas os alumnos … Continúa leyendo Axudas para alumnos con NEAE para o curso 2024-2025

8 de Abril

"Coñécenos" somos o "grande descoñecido" O Día Internacional do Pobo Xitano é o momento de comprometerse como sociedade e como país, coa plena igualdade de homes e mulleres xitanas. Debemos comprometernos ca igualdade dende o recoñecemento da diversidade e o valor da propia identidade cultural, pero que forma parte da historia e da cultura compartidas.

2 de abril do 2024, un ano mais…

O autismo invítanos a mirar mais aló das etiquetas e a apreciar a amplitude e profundidade do denominado “espectro autista”. Si recoñecemos a individualidade, valoramos as fortalezas e abordamos os desafíos, podemos fomentar unha sociedade inclusiva e empoderadora para todas as persoas no espectro autista. Xuntas e xuntos , podemos celebrar a diversidade e promover … Continúa leyendo 2 de abril do 2024, un ano mais…

Día da paz no CEIP Luís Seoane

Incluimos algúns recursiños a empregar na semana tan importante, como é o Día da Non Violencia e da Paz. Traballo cada vez máis importante e necesario. Grazas a todos e todas. https://view.genial.ly/61dd4bb0ef99280dd643ef75/presentation-dia-da-paz-202223 https://view.genial.ly/600d73c3ae03310d0c24f187/presentation-dia-da-paz-no-ceip-luis-seoane-do